Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45901

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2018 pola que se dá publicidade á adhesión de varias entidades financeiras ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre este instituto, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de xuño de 2018, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018). Sendo as ditas bases publicadas mediante Resolución do 26 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Posteriormente, adheríronse as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A., Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., Banco Caixa Geral, S.A. e Abanca Corporación Bancaria, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Engadir as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A., Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., Banco Caixa Geral, S.A. e Abanca Corporación Bancaria, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica