Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social 63/2018.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O expediente relacionado encóntrase á disposición da interesada no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 63/2018.

Data da suspensión do procedemento sancionador: 5 de setembro de 2018.

Empresa: Ivaylo Panayotov Duchev.

NIF/CIF: X6703777J.

Enderezo: rúa Regueiriño, 10, 2º, 36500 Lalín (Pontevedra).

Lugo, 2 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo