De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación se entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 24 de setembro de 2018
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: ANI-LU-0077/2018-V.
Interesada: Ana Isabel Gómez Barreiro.
Acto notificado: iniciación.