Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación de gando vacún de ceba no concello da Gudiña (Ourense), promovido por Gudiagro, S.L. (expediente 2017/0174).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 13 de setembro de 2018 relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación de vacún de ceba no lugar de Bidueiro, no concello da Gudiña (Ourense), promovido por Gudiagro, S.L.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático