Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de atención ás persoas usuarias dos sistemas e medios TIC da Xunta de Galicia e ámbitos dependentes (CAU periférico) (expediente AMT-2018-0046).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de atención ás persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información da Xunta de Galicia en ámbitos periféricos, CAU periférico, incluíndo actividades de prestación do servizo de atención e xestión das incidencias, xestión das peticións, xestión dos problemas e xestión do acceso, todo iso coordinado desde a función dun Centro de Atención a Usuarios.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.3.2018.

DOUE: 10.3.2018.

BOE: 16.3.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.848.000,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 745.360,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.8.2018.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2018.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 665.500,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia