Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de xestión do financiamento dos servizos sociais comunitarios (expediente AMT-2018-0023).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento do sistema de información de xestión do plan concertado de servizos sociais (procedementos administrativos de xestión do financiamento dos servizos sociais comunitarios, competencia da Consellería de Política Social).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 29 de xaneiro de 2018.

DOUE: 23 de xaneiro de 2018.

BOE: 6 de febreiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 295.023,33 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 119.000,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 12.9.2018.

c) Contratista: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 104.720,66 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia