Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 46049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2018/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Servizo de limpeza e de recolla e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Centro da entidade pública Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medioambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado. jsp? N=251585.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) Lotes: non hai.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 6.2.2018 (modificacións publicadas o 20.3.2018 e o 11.4.2018), 8.2.2018 (modificacións publicadas o 23.3.2018 e o 14.4.2018), 8.2.2018 (modificacións publicadas o 21.3.2018 e o 14.4.2018).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado total do contrato: 5.656.074,66 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 2.630.732,40 euros. Importe total: 2.893.805,64 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.8.2018.

b) Data de formalización do contrato: 2.10.2018.

c) Contratista: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 2.258.746,00 euros. Importe total: 2.484.620,60 euros.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser a oferta economicamente máis vantaxosa para Portos de Galicia, unha vez valorados os diferentes criterios de adxudicación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia