Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a da Administración xeral, por promoción interna.

No BOP de Pontevedra núm. 151, do 7 de agosto de 2018, publicáronse integramente as bases aprobadas por Resolución desta Alcaldía do 8 de maio de 2018, para a cobertura por promoción interna como funcionario de carreira dunha praza de técnico/a da Administración xeral (TAX), vacante no cadro de persoal para o ano 2017, aprobado con carácter definitivo polo Pleno municipal e publicado no BOP núm. 69, do 7 de abril de 2017.

O prazo de presentación de instancias, solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 17 de setembro de 2018

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente