Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a unhas interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Mouriños (IN661A 2011/10-1).

Por Resolución do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Mouriños, sito nos concellos de Cabana de Bergantiños e de Zas (A Coruña), promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (IN661A 2011/10-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación Amigos e Amigas dos Bosques «O Ouriol do Anllóns», a Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris, María Paz Díaz, o Comité de Defensa das Rías Altas, Nery Zoe Cantero Prieto, Aixamar Martín Louro, Carlos Fariña Romero e Manuela Marina Valiña Domínguez para seren notificadas por comparecencia por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas