Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións para a ampliación do cemiterio de Santa Cruz da Rabeda.

Aprobado inicialmente o Plan especial para obtención de solo para a ampliación dun sistema de equipamentos e servizos de titularidade privada para proceder á ampliación do cemiterio parroquial de Santa Cruz da Rabeda que afecta o ámbito Santa Cruz da Rabeda, por acordo adoptado pola Xunta de Goberno local do 28 de setembro de 2018, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública por prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

http://sancibrao.sedelectronica.es.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas en aqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificacións da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes: área delimitada do ámbito do Plan especial.

San Cibrao das Viñas, 5 de outubro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde