Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato, para a subministración e instalación de equipamento informático para a posta en marcha do sistema de información integrada da actividade das unidades de críticos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1. (expediente AB-SER2-18-002, lote único).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento informático para a posta en marcha do sistema de información integrada da actividade das unidades de críticos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG número 48, do 8 de marzo de 2018.

DOUE DO/S S46, do 7 de marzo de 2018 100536-2018-ES.

BOE número 60, do 9 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 276.915,00 €.

Orzamento con IVE: 335.067,15 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote: 24 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote: 19 de xuño de 2018.

Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

c) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 232,994,00 €.

Importe con IVE: 281.922,74 €.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos