Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre nave con destino a almacén no Pazo, Santa María de Mourente (expediente 3325/12).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 3325/12, tramitado por instancia da entidade Krack Zapaterías, S.L., NIF B36283372, de solicitude de licenza municipal de obras de acondicionamento e instalación de nave con destino a almacén de calzado e oficinas, sita no lugar do Pazo, nº 48, na parroquia de Santa María de Mourente, no concello de Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días se poderán presentar alegacións en relación coa solicitude formulada e se poderá consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 30 de agosto de 2018

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde