Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45435

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de setembro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se convoca para vinculación temporal unha praza de persoal licenciado sanitario na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2016) e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro

Anunciar a convocatoria para cubrir un posto de persoal licenciado sanitario na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, que se relaciona no anexo.

Segundo

As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións, sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Dirección e na intranet da EOXI de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 14 de setembro de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Especialidade/categoría

Grupo

Praza

Médico/a de admisión e documentación clínica

A1

1 reserva de praza na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés