Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45393

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018 de renuncia dunha persoa membro do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia.

A presidenta do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia –CAEIG– envía o 11.9.2018 un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no que comunica a renuncia, por petición propia, de Pilar Gayoso Diz.

Antecedentes.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités de ética de investigación clínica de Galicia. No relativo á súa composición, o artigo 5.4 sinala que os membro deste comité «serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo, en todo caso, a representación equilibrada entre homes e mulleres».

En aplicación do que dispón este artigo, mediante a Resolución do 17 de setembro de 2013, que se publicou no DOG núm. 181, do 23 de setembro, concedeuse a acreditación do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros ás persoas que se relacionaban no seu anexo. Entre elas, figuraba Pilar Gayoso Diz, facultativo de Atención Primaria da Xerencia de Xestión integrada de Santiago de Compostela.

Malia a súa renuncia, o CAEIG mantén a súa composición multidisciplinar e numérica dentro das marxes establecidas no artigo 9 do Decreto 63/2013, do 11 de abril.

Consideracións legais e técnicas.

O punto 7 do artigo 5 do arriba citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón que «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou ben por incumprimento notorio das súas funcións, a criterio do comité, e logo audiencia do/da interesado/a».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento de Pilar Gayoso Diz, por petición propia, como membro do Comité Autonómico de Ética de Investigación de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade