Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación ao propietario do predio coa referencia catastral 32076A004000340000UO.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE de data 7 de setembro de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselles a/aos propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A004000340000UO, e inscrita no catastro a nome de Salvadora López Iglesias para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas; estando obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 3 de outubro de 2018

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde