Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO212970 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles as resolucións ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 12 de setembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da

resolución

Nº de

expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución de inadmisión de reclamación previa

10.7.2018

CO212970

*****574Z

Casas Cabana, Sandra

Resolución de caducidade e acordo de arquivamento dunha reclamación por incomparecencia á citación

19.2.2018

CO216623

*****205P

Quiala Rodríguez, Luz María

Resolución desestimatoria de reclamación previa

9.7.2018

CO49505

*****855K

Gómez Santos, Santiago