Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO214203 e dous máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles os actos de requirimento ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se considerarán desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei.

A Coruña, 12 de setembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data do acto administrativo

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Requirimento de documentación

30.11.2017

CO214203

*****207E

Caamaño Fachado, Carmen

Requirimento de documentación

14.11.2017

CO13594

*****865B

Rey Sande, María Carmen

Requirimento de documentación

30.11.2017

CO215504

*****840Z

Pérez Costa, Manuel