Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT 9, PI 9.7, OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-034).

1. Poder adxudicador:

a) Nome: Servizo Galego de Saúde.

b) Número de identificación fiscal: Q6550006H.

c) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

d) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

e) Localidade: Santiago de Compostela.

f) Código postal: 15781.

g) País: España.

h) Código NUTS: ES11.

i) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

j) Fax: 881 54 27 62.

k) Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

l) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.gal.

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. Principal actividade exercida: saúde.

3. Central de compra/outra forma de contratación conxunta: non procede.

4. Código CPV: 45262700-8 (traballos de transformación de edificios).

5. Código NUTS: ES114.

6. Descrición da licitación: obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo que afecta os servizos de unidade de mama, radioterapia e medicina nuclear, co obxecto de realizar unha intervención integral que optimice as infraestruturas afectadas na Área Sanitaria de Vigo.

a) Nº de expediente: AB-SER3-18-034.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Admisión de variantes: non.

7. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto non suxeito á regulación harmonizada.

8. Información sobre acordo marco/sistema dinámico de contratación: non procede.

9. Criterios de adxudicación:

a) Oferta económica: 45 %.

b) Programa de execución: 25 %.

c) Memoria descritiva da proposta: 20 %.

d) Coordinación dos medios humanos: 5 %.

e) Incremento do prazo de garantía: 5 %.

10. Data de adxudicación do contrato: 6 de setembro de 2018.

11. Número de ofertas recibidas: 9.

a) Número de ofertas recibidas de operadores económicos que sexan pequenas e medianas empresas: non consta.

b) Número de ofertas recibidas doutro Estado membro ou dun país terceiro: ningunha.

c) Número de ofertas recibidas por vía electrónica: ningunha.

12. Datos de adxudicación:

a) Nome: Puentes y Calzadas Infraestructuras, S.L.

b) NIF: B70043104.

c) Enderezo: estrada da Estación, s/n, Sigüeiro,15888 Oroso (A Coruña).

d) Código NUTS: ES112.

e) Teléfono 981 68 89 01 e fax 981 68 89 04.

f) Enderezo da internet: lgarcia@puentes.com.

g) Peme (segundo normativa europea): non.

h) Agrupación de empresas: non consta.

13. Valor da oferta seleccionada: importe 3.969.866,89 €, 21 % do IVE incluído.

14. Valor e proporción dos contratos que se prevexa subcontratar a terceiros: non consta.

15. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a Inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación»; PI 9.7 «o investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais»; obxectivo específico 9.7.1. «Investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais».

16. Procedemento de recurso:

a) Tipo: recurso administrativo potestativo de reposición.

b) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Prazo de presentación de recurso: un mes a partir da notificación da adxudicación.

d) Servizo no cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos, Servizo de Xestión.

1º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

2º. Teléfono: 881 54 18 38 (cuestións administrativas).

3º. Correo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

17. Datas e referencias de publicacións anteriores:

a) Publicación do anuncio de licitación:

1º. DOG núm. 48, do 8.3.2018.

2º. Perfil do contratante do Sergas (www.sergas.gal).

3º. Plataforma de contratos de Galicia o 8.3.2018 (www.contratosdegalicia.gal).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos