Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle de parcela E1F1 Cidade do Transporte.

Aprobado inicialmente con data do 28 de setembro de 2018 o estudo de detalle referente á parcela E1-F1 da segunda fase da Central de Transporte de Ourense redactado polo equipo técnico Ecuevas Arquitectura, S.L.P.

En cumprimento do acordo adoptado e conforme o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que o queira examinar, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [enderezo https://http://sancibrao.sedelectronica.es].

A aprobación inicial do estudo de detalle leva consigo a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

San Cibrao das Viñas, 2 de outubro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde