Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45119

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (934/2016).

Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico que se ditou sentenza o 22 de xuño de 2018 no xuízo ordinario 934/2016, en que é demandante Caixabank, S.A. e demandada Livin Sistemas, S.L. e outros.

Da devandita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da codemandada Livin Sistemas, S.L. e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente.

A Coruña, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza