Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente T 145 competencia desta dirección xeral.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo que se notifica, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Servizo de Recursos Especializados para a Discapacidade, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Advírteselle á persoa interesada que disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da notificación do acto, para presentar a documentación solicitada, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Se non o fai, considerarase que desistiu da súa petición logo de ditar a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita lei.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Expediente: T 145.

Persoa interesada: Mª del Carmen Fernández Quintas.

DNI: ****5491Q.

Acto de notificación: requirimento de documentación.