Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Immochan España, S.L.
Domicilio social: rúa Santiago de Compostela, sur, s/n, 28029 Madrid.
Denominación: LMTS e CS Vialia.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ, de 18 metros de lonxitude, con orixe na LMTS TRO710 e final no centro de transformación existente 36CEL5 unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado Vialia. Centro de seccionamento, con celas compactas con illamento e corte en SF6, situado na Praza da Estación, 1, Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 30 de agosto de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra