Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 86/2018).

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 86/2018, por instancia de Ana García Arnoso, contra a executada Arturo Blanco Santos, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 17 de setembro de 2018, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 5.673,78 euros de principal, máis 1.500,06 euros en concepto de xuros de mora, máis 717,38 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza