Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2018 Páx. 45104

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, ditada en execución da sentenza 402/2017 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, ao abeiro do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), en execución da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, ditada no procedemento abreviado 402/2017, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Declarar que Alejandra Feijoó Carrera (DNI 36100532P) superou o proceso selectivo que se menciona na cabeceira, coas puntuacións que se especifican no anexo.

Segundo. De conformidade coa base IV.2 da orde de convocatoria, a aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Fase de
concurso

Total

36100532P

Feijoó Carrera, Alejandra

35,65

15,00

Exenta

14,20

64,85