Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 44921

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 117/2018, do 4 de outubro, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural a María Jesús Lorenzana Somoza.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de outubro de dous mil dezaoito,

Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural a María Jesús Lorenzana Somoza.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural