Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 25 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as cartas de pagamento do expediente sancionador IN635C SANC COM 2017/26-3 en materia de comercio.

Ao ser devolta polo servizo de Correos a carta certificada enviada no seu día, notifícaselle, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao interesado as cartas de pagamento do expediente sancionador que a seguir se relaciona no anexo.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para recoller na xefatura territorial as citadas cartas de pagamento.

O expediente relacionado está á disposición do interesado na Xefatura Territorial de Ourense, na rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 25 de setembro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

CIF

IN635C SANC COM 2017/26-3

Ying Zhang Yongye

48188473T