Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2018 Páx. 45051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento, soporte e mantemento dun sistema para a xestión integral de axudas tramitadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (expediente AMT-2018-0031).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: este procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento, soporte e mantemento dun sistema para a xestión integral de axudas tramitadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que soportará a tramitación de dúas liñas de axudas: investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no eido da Rede Natura 2000 e investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no eido dos parques naturais de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 6.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto non harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 206.611,58 € € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 125.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 7.9.2018.

c) Contratista: Sivsa, Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 106.249,80 (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia