Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a unhas persoas interesadas da modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, así como da prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado (expediente 103-EOL).

Por Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do parque eólico Montes de Abella modificado, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Sandra Sobrado Bascuas, Juan Carlos Pérez Núñez e Sandra Sobrada Bascuas para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas