Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2015/00216).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado está á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de setembro de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/equivalente

OU-2015/00216

Catuxa Rego Gavilán

*2500

OU-2015/00216

Israel Moreno Prieto

*2369