A Orde do 27 de febreiro de 2018 (DOG do 15 de marzo) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18 establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2017/18, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.
Segundo. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a súa publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Relación de premios extraordinarios de bacharelato correspondentes
ao curso 2017/18
Sol. |
Apelidos e nome |
Cod. centro |
Centro estudos |
Importe (€) |
21563 |
Beloso Calvar, Ana María |
36019268 |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
1.000 |
21919 |
Ben Arribí, Carlos |
36006729 |
IES Valle-Inclán |
1.000 |
22010 |
Carballal Barca, Ángela |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
21903 |
Comesaña Cayetano, Hernán Miguel |
36011567 |
IES Castelao |
1.000 |
21502 |
Diz Ferreira, Eva |
36010903 |
CPR Plurilingüe Apostol Santiago |
1.000 |
22208 |
Fraga Cuña, Irene |
15015755 |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
1.000 |
21653 |
Gavilán Suárez, Paula |
15023302 |
IES Manuel Murguía |
1.000 |
21659 |
González Santos, Alejandro |
15014568 |
IES Nº 1 |
1.000 |
21511 |
Lamas Fernández, Claudia |
15026455 |
IES Terra de Trasancos |
1.000 |
22184 |
López Vázquez de Parga, Pedro |
32008604 |
CPR Plurilingüe Santa María |
1.000 |
22330 |
Pavón Souto, Carmen |
27006966 |
IES Plurilingüe San Rosendo |
1.000 |
21614 |
Paz Prieto, Hugo |
15006791 |
IES Saturnino Montojo |
1.000 |
21864 |
Pereira Angueira, Pablo |
15015561 |
CPR Manuel Peleteiro |
1.000 |
22002 |
Pereira Chapela, Martín |
36019463 |
IES Johan Carballeira |
1.000 |
21584 |
Recouso Ferreiro, Alejandro |
15004265 |
CPR Plurilingüe Liceo La Paz |
1.000 |
21524 |
Salvado Vigo, Enrique |
15025712 |
IES Antonio Fraguas Fraguas |
1.000 |
21878 |
San Martín Suárez, Lara |
36006729 |
IES Valle-Inclán |
1.000 |
21830 |
Sanjuán Casanova, Iria |
15006742 |
IES Concepción Arenal |
1.000 |
21880 |
Vidal Fernández, Pablo |
36011181 |
CPR Plurilingüe Mariano |
1.000 |
21532 |
Vidal Zhukova, Alexander |
36018379 |
IES A Xunqueira II |
1.000 |