Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Cultura, en relación co procedemento CT221C/2016, expediente 83, en relación coa Orde do 5 de febreiro de 2016 das axudas para o libro galego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, notifícase que por parte da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se ditou o acto administrativo que a continuación se sinala:

Deriva Ediciones NIF 506357449 Procedemento CT221C/2016, expediente núm. 83. Acto administrativo: Revogación da subvención de data 19 de xuño de 2018.

Para os efectos do previsto no artigo 82.1 da Lei 39/2015. De acordo co establecido no artigo 82.2 da dita Lei, no prazo de quince días contado a partir do día seguinte da notificación do presente acto, a editorial poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.

A editorial ou o seu representante poderá solicitar, acreditando a súa identidade, unha copia do dito acto administrativo, comparecendo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo do Libro e Publicacións, sito na Cidade de Cultura (Biblioteca de Galicia), Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, teléfono de contacto 981 54 58 04, no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio. Se transcorrido o dito prazo non comparecese, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura