Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44769

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación aos propietarios do predio coa referencia catastral 32076A002002160000UJ.

Visto o anuncio de notificación no TEU do BOE do 10 de agosto de 2018, e en cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requíreselles ao/s propietario/s, arrendatario/s ou usufrutuario/s da parcela coa referencia catastral 32076A002002160000UJ, e inscrita no catastro a nome de José Domuro Caganete, para que no prazo de quince (15) días execute/n os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas e de que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa.

San Cibrao das Viñas, 27 de setembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde