Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de setembro de 2018 polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario 9/2017.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, emprázase a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, para que compareza no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Reclamacións e Recursos, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada deberá vir provista do seu documento nacional de identidade (DNI).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

De conformidade co sinalado no acto que se notifica, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Social no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderá formular demanda ante o xulgado do social competente, no prazo de 20 días hábiles establecido nos artigos 114.1 e 103 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Expediente: 9/2017.

Persoa interesada: Andrea Martínez Martínez.

DNI: *****815-P.

Acto de notificación: resolución de suspensión da execución das sancións do 26 de xuño de 2018.