Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de setembro de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, para o cal poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 21 de setembro de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Café bar Sifón

Antonio Cortés Domínguez

Beresmo, 13

Avión

Café bar Barroso

Mª Adela Domínguez Durán

Beresmo, 13

Avión

Café bar Candello

Estefanía Pardavila Parada

Rúa da Paz, 5

A Pobra de Trives

Cafetería Alpina

Eduardo Feijoo Moran

Ervedelo, 15

Ourense

Cafetería La Toscana

Dani y Gus, S.L.

C.C. Ponte Vella, lc. 9

Ourense

T.R. A Dormiñona

José Luis Fernández Mtnez.

As Ermidas, 9

O Bolo

Café Bar Mojito+Café

Marienis y Juan, S.C.

Dr. Temes Fdez., 18 bx.

Ourense

Restaurante O Muíño das Lousas

O Muíño Restauración, S.L.

Rúa dos Muíños

O Carballiño

Café Bar O Muíño das Lousas

O Muíño Restauración, S.L.

Rúa dos Muíños

O Carballiño