Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizo, non suxeito a regulación harmonizada (5/2018/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do siguiente contrato administrativo:

Desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais na entidade pública Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 5/2018/CNTSE

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283441

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: prestación dun servizo de prevención alleo que, cos seus propios medios, coopere coa entidade pública a garantir que as condicións de traballo dos seus empregados non entrañen riscos para a súa seguridade e saúde, en cumprimento do indicado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71317000-3; 71317100-4; 71317200-5

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 120.812,43 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 77.943,50 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 16.368,13 euros. Importe total: 94.311,63 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 20 de setembro de 2018.

c) Contratista: Novotec Consultores, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 59.151,32 euros. Importe total: 71.573,10 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia