Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de restauración da autorización de explotación número 388 As Toxeiras, sito no concello de Vilar de Santos (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, artigo 36.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e o artigo 6.3 do Decreto 975/2009, do 12 xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras, sométese a información pública a solicitude, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de restauración relativo á autorización de explotación da sección A As Toxeiras, nº 388, no concello de Vilar de Santos (Ourense), promovido por Áridos Jardón, S.L.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 3º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de setembro de 2018.

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense