Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44228

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2018.

Consonte ao establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre de 2018

Descrición

Data da

sinatura

Importe

Prórroga do convenio de colaboración para desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área de Transporte Metropolitano de Lugo, asinado o día 29 de decembro de 2010.

16.5.2018

118.664,80 €

Convenio específico entre a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e a entidade pública empresarial Adif-Alta velocidade, para a execución dunha pasarela peonil urbana sobre a praia de vías da estación de ferrocarril, co fin de conectar a dita estación coa nova estación de autobuses e mellorar a permeabilidade transversal da cidade conectando os barrios do Ensanche e Pontepedriña, no ámbito da futura estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

25.5.2018

1.773.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a entidade pública empresarial Adif-Alta velocidade, para a execución dos accesos e nova vialidade urbana da contorna da estación intermodal de Vigo.

31.5.2018

1.698.979,18 €