Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44599

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

XESGALICIA SGEIC, S.A.U.

ANUNCIO de contratación.

1. Órgano de contratación: Xesgalicia SGEIC, S.A.U.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servizos de auditoría de contas para Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de tTpo Cerrado, S.A.U., e as entidades de capital-risco (ECR) e entidades de investimento colectivo de tipo cerrado (EICC) xestionadas (Galicia Compite, Fondo de Inversión Colectiva de Tipo Cerrado, Adiante 2000, F.C.R. en liquidación, Xes-Innova, F.C.R.-Pyme, Fondo Tecnolóxico I2C, F.C.R.-Pyme e Galicia Iniciativas Emprendedoras, F.C.R.-Pyme e Sodiga Galicia, S.C.R., S.A.), para os exercicios sociais 2018, 2019 e 2020.

3. Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 138.000 euros máis IVE: ano 2018: 46.000 euros máis IVE, ano 2019: 46.000 euros máis IVE, e ano 2020: 46.000 euros máis IVE. Importe total máximo do Imposto sobre o valor engadido que deba soportar Xesgalicia: 28.980 euros.

5. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos salvo que acaezan variacións no número de fondos ou sociedades obxecto de auditoría.

6. Duración: 3 anos.

7. Documentación que hai que presentar: a sinalada na sección C do cadro de criterios de adxudicación do contrato dos pregos de contratación.

8. Lugar e prazo de presentación das ofertas. As proposicións presentaranse na sede de Xesgalicia, sita na rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21. O prazo de presentación de ofertas será de quince días contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14:00 horas.

9. Mesa de contratación: si.

10. Criterios de valoración: multiplicidade de criterios: criterios avaliables mediante xuízos de valor, ata 55 puntos sobre 100, criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas matemáticas, ata 45 puntos sobre 100.

11. Fianzas: non se exixen.

12. Lugar e apertura das ofertas: Xesgalicia, rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21. A data e a hora será o décimo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 13.00 horas.

13. Información e obtención de pregos: Xesgalicia, rúa Ourense, nº 6, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 54 16 21 ou páxina web http//www.contratosdegalicia.es

14. Acceso ao perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral de Xesgalicia SGEIC, S.A.U.