Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44217

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración dos paramentos verticais do deambulatorio e dos paramentos interiores e bóvedas da nave central, transepto, naves laterais e triforio.

Orzamento de contrata: 3.002.695,73 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 12 meses para cada unha das obras.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse obter consultando a web http://www.catedraldesantiago.es/contratación ou ben, contactando coa Fundación Catedral de Santiago (teléfono: 981 56 93 27) logo da acreditación da empresa e do aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de 26 días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago