De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron practicar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta xefatura territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Pontevedra, 7 de setembro de 2018
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado polo |
PO-RES-2018/043 |
José Fazanes García (herdeiros de) |
Acordo de incoación |
Xefe territorial |