Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración para a adaptación das librarías de cintas á nova plataforma de backup da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente AMT-2018-0049).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación da subministración do hardware e software necesario para realizar a adaptación das actuais librarías de cintas corporativas á nova plataforma de backup.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.3.2018.

DOUE: 16.3.2018.

BOE: 10.3.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto e harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 360.000,00 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 435.600,00 euros (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.6.2018.

b) Data de formalización do contrato: 29.8.2018.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 361.458,46 euros (IVE incluído)

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia