Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44137

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas correspondentes á Axencia Galega de Innovación da Orde do 23 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da GAIN, por medio da Orde do 23 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) estableceron as bases reguladoras e convocaron conxuntamente, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Unha vez finalizada a tramitación establecida no artigo 8 da convocatoria para as solicitudes presentadas ante GAIN ás modalidades A: grupos de referencia competitiva, B: grupos con potencial de crecemento e C: proxectos de excelencia, realizouse o proceso de avaliación e selección destas, de acordo co artigo 9 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á persoa titular da presidencia da GAIN, de acordo co artigo 10 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Concederlles ás entidades que a continuación se relacionan (con indicación da persoa coordinadora do grupo destinatario) as axudas das modalidades A: grupos de referencia competitiva, B: grupos con potencial de crecemento e C: proxectos de excelencia, para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocadas pola Orde do 23 de maio de 2018.

A) Grupos de referencia competitiva (GRC).

Nº expediente

Apelidos

Nome

Entidade

Importe 2018 (€)

Importe 2019 (€)

Importe 2020 (€)

Importe 2021 (€)

Total (€)

IN607A 2018/2

Bode Riestra

Antonio

IEO A Coruña

50.000,00

50.000,00

50.000,00

50.000,00

200.000,00

IN607A 2018/3

Castillo Sánchez

José

FIDIS

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

400.000,00

IN607A 2018/4

Cerviño López

Santiago

IEO Vigo

55.261,45

45.031,85

45.063,70

80.000,00

225.357,00

IN607A 2018/5

Correa Duarte

Miguel Ángel

F. Biomédica Galicia Sur

50.000,00

50.000,00

50.000,00

50.000,00

200.000,00

255.261,45

245.031,85

245.063,70

280.000,00

1.025.357,00

B) Grupos con potencial de crecemento (GPC).

Nº expediente

Apelidos

Nome

Entidade

Importe
2018 (€)

Importe
2019 (€)

Total (€)

IN607B 2018/10

Bellas Bereijo

Juan

IEO Vigo

19.100,00

34.968,15

89.004,45

IN607B 2018/7

Couce Pico

María Luz

FIDIS

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/16

Fernández Villar

José Alberto

F. Biomédica Galicia Sur

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/11

Gestal Mateo

Camino

CSIC-IIM

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/9

González Sotelo

Carmen

CSIC-IIM

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/1

Gude Sampedro

Francisco

FIDIS

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/17

Olivares Díez

José Manuel

F. Biomédica Galicia Sur

20.000,00

35.000,00

90.000,00

IN607B 2018/14

Pérez Rodríguez

Montserrat

IEO Vigo

19.000,00

35.000,00

89.000,00

158.100,00

279.968,15

718.004,45

C) Proxectos de excelencia.

Nº exp.

Apelidos

Nome

Entidade

Liña

Importe 2018 (€)

Importe 2019 (€)

Importe 2020 (€)

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Total (€)

IN607D 2017/01

Carrera Mouriño

Mónica

CSIC-IIM

2

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

Segundo. As solicitudes non incluídas nesta resolución entenderanse denegadas ou desestimadas.

Terceiro. As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Axencia Galega de Innovación, coa seguinte desagregación, nas aplicacións 09.A3.561A.781.0 e 09.A3.561A.703.0.

Modalidade

Entidade beneficiaria

Crédito (en euros)

Ano 2018 (€)

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Ano 2021 (€)

Ano 2022 (€)

Total (€)

GRC-grupos de referencia compettiva

IEO

(703.0)

105.261,45

95.031,85

95.063,70

130.000,00

0,00

425.357,00

FIDIS

(781.0)

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

0,00

400.000,00

Fund. Biomédica Galicia Sur

(781.0)

50.000,00

50.000,00

50.000,00

50.000,00

0,00

200.000,00

Total

255.261,45

245.031,85

245.063,70

280.000,00

0,00

1.025.357,00

GRC-grupos con potencial de crecemento

CSIC

(703.0)

40.000,00

70.000,00

70.000,00

0,00

0,00

180.000,00

FIDIS

(781.0)

40.000,00

70.000,00

70.000,00

0,00

0,00

180.000,00

IEO

(703.0)

38.100,00

69.968,15

69.936,30

0,00

0,00

178.004,45

Fund. Biomédica Galicia Sur

(781.0)

40.000,00

70.000,00

70.000,00

0,00

0,00

180.000,00

Total

158.100,00

279.968,15

279.936,30

0,00

0,00

718.004,45

Proxectos de excelencia

CSIC

(703.0)

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

Total

428.361,45

550.000,00

550.000,00

305.000,00

25.000,00

1.858.361,45

Cuarto. De acordo co artigo 12 da convocatoria, a subvención será librada á entidade beneficiaria á que pertenza o grupo ou persoal investigador, conforme á resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla no artigo 12 da convocatoria nas datas indicadas nela.

Quinto. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da presidencia de GAIN, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego
e Industria e presidente da GAIN