Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun planetario observatorio astronómico na Veiga.

Con data do 27 de agosto de 2018, adoptouse en pleno o acordo polo que se aproba inicialmente o expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións para construción de planetario-observatorio astronómico no concello da Veiga, rexistrado de entrada neste Concello con data do 24 de abril de 2018 e nº de rexistro 362.

En virtude do disposto polo artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016. o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas oficinas municipais situadas na praza do Concello nº 1, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións que consideren pertinentes.

O contido íntegro do plan especial pódese consultar no seguinte enderezo electrónico http://aveiga.sedelectronica.gal/info.0

A Veiga, 28 de agosto de 2018

Juan Anta Rodríguez
Alcalde