Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43945

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2018 por esta sociedade.

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), para o desenvolvemento de actividades de formación divulgación e investigación ano 2018.

Participación nas actividades da EGAP do persoal dependente de Sogama, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes.

27.7.2018

Sen custo

Cerceda, 7 de setembro de 2018

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.