Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43847

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2016 00002, crédito orzamentario 2.904.589,40 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de xaneiro da Axencia Turismo de Galicia pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a entidades locais para actuacións de mellora
das infraestruturas turísticas

Concello beneficiario

Descrición actuación

Importe da subvención €

Agrupación Alfoz-Foz

Sinalización e acondicionamento da ruta dos castelos e do miradoiro da Frouseira

18.348,74

Consorcio Ribeira Sacra

Adecuación de tótems dixitais para albergar a plataforma web adaptada e audioguías Ribeira Sacra

16.537,50

Concello de Mondoñedo

Sinalización de recursos turísticos; sinalización de ruta arqueolóxica; Actuación de embelecemento do entorno do BIC (acondicionamento de quiosco para punto de información turística)

37.938,95

Concello de Baiona

Proxecto Pontus Pedestrian: ponte peonil na praia Ladeira

28.676,24

Concello de Cabanas

Recuperación de lavadoiros e fontes creando a ruta da auga na vida da muller e do peregrino

36.278,99

Concello de Begonte

Mellora da accesibilidade peonil á área recreativa de Baamonde

39.835,15

Concello do Grove

Rehabilitación do punto de atención da praia da Lanzada

22.448,40

Mancomunidade do Salnés

Sinalización tecnolóxica accesible no Salnés

39.000,00

Concello de Friol

Afirmado e pavimentación do Camiño Real de Friol

32.500,00

Concello de Muros

Mellora do acceso de Sorribos ás praias de Liñares e Bornalle

34.966,25

Concello de Lourenzá

Sinalización de recursos turísticos. Actuacións de embelecemento dos BICS.

23.026,70

Concello de Fisterra

Iluminación do paseo marítimo da praia Langosteira

30.223,57

Concello de Trabada

Mellora sinalización turística varios puntos e reposición puntos de luz na área recreativa da Choza

35.931,91

Concello de Ribadeo

Servizo municipal no Camiño do Encanto

12.307,94

Consorcio As Mariñas

Sinalización ruta do impresionismo das Mariñas

10.888,41

Concello de Palas de Rei

Mellora das infraestruturas de acceso ao BIC Castelo de Pambre

19.492,92

Concello de Sanxenxo

Sinalización intelixente e acondicionamento do mirador da Carabuxeira

23.521,89

Mancomunidade Terras do Avia

Posta en valor de distintas pontes históricas nos concellos da mancomunidade turística

31.372,54

Agrupación Allariz-Vilar de Santos

Sinalización rutas BTT seguindo a sinalización deseñada para os centros BTT Galicia

40.503,53

Concello de Ribadavia

Adecuación e mellora dos accesos interiores ao cemiterio de Ribadavia

29.179,15

Concello de Pedrafita do Cebreiro

Mellora das infraestruturas turísticas no núcleo do Cebreiro

29.250,00

Concello de Abadín

Iluminación ornamental das instalacións de esparcimento na praia fluvial de Gontán

36.635,83

Concello de Toques

Instalación dunha pantalla táctil e web con toda a información do concello de Toques para a súa promoción turística

11.081,00

Concello de Esgos

Sinalización turística no concello

13.986,78

Concello de Miño

Adecuación de espazo destinado a estacionamento no muíño do Bucelo

18.782,97

Concello do Pino

Instalación illa de contedores soterrados na avenida de Santiago

29.748,28

Concello da Laracha

Accesibilidade da páxina web de turismo, colocación de mesas interactivas e sinalización turística.

9.413,62

Concello da Fonsagrada

Acondicionamento da zona de estacionamento de vehículos e da ruta A Seimeira de Vilagocende

13.567,53

Concello de Guitiríz

Sinalización dos recursos turísticos do concello

17.425,69

Concello de Vilalba

Instalación de paneis interpretativos en lugares de interese patrimonial

29.086,34

Concello de Sober

Posta en valor e mellora da accesibilidade do entorno dos miradores de Pena do Castelo, Soutochao e Chelo Amandi

29.103,45

Concello de Cabana de Bergantiños

Instalación de paneis de sinalización para o dolmen de Dombate

4.660,14

Concello de Foz

Sinalización de puntos de interese turístico

15.167,00

Concello de Celanova

Mellora da accesibilidade e sinalización en Castromao, praza Cervantes e rúa de San Roque

30.545,65

Concello da Guarda

Homoxeneización e mellora da sinalización turística na Guarda

33.453,30

Concello de Dumbría

Recuperación de espazos e mellora da accesibilidade no acceso á fervenza do Ézaro

33.655,15

Concello de Bande

Acondicionamento de aparcadoiro termal nos Baños

40.596,17

Concello de Silleda

Ampliación da sinalética, creación de guía virtual e acondicionamento da ruta da Auga de Parada PR-G 124

15.011,15

Concello de Castro Caldelas

Adecuación de aparcadoiro, execución miradoiro e apertura de rutas de sendeirismo Penas de Matacáns

28.923,58

Concello de Vilasantar

Vilasantar, un refuxio natural (sinalización cultural, etnográfica e natural)

31.458,43

Concello de Arnoia

Mellora da sinalización turística e do acceso á área recreativa-praia fluvial de Inquiao

31.459,70

Concello de Guntín

Sinalización de recursos turísticos no concello de Guntín

32.362,90

Concello de Nogueira de Ramuín

Mellora de accesibilidade e sinalización turística ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

34.342,67

Concello de Portomarín

Instalación de cubrecontedores e instalación de iluminación ornamental en Portomarín

34.383,80

Concello de Cospeito

Recuperación e tratamento paisaxístico da contorna dos R.T. no contorno da lagoa de Cospeito e independización da caixa das escaleiras no museo das aves

34.411,77

Concello da Lama

Obras de habilitación e homologación de sendeiro entre Xende e Liñares

40.622,09

Concello do Bolo

Sinalización e acceso á información virtual no camiño de inverno e o seu ámbito de influencia

13.596,23

Concello de Monterrei

Rehabilitación do forno tradicional de Sandín

26.925,83

Concello de Catoira

Nova sinalización dos recursos turísticos do concello

31.429,63

Concello de Soutomaior

Reforma da escalinata e escaleiras de acceso ao recinto da igrexa parroquial

32.175,00

Concello de Oia

Sinalización do conxunto histórico do concello de Oia e implantación da plataforma de turismo Ibeake

9.373,78

Concello de Toén

Construción de miradoiro en Puga (igrexa de Puga)

15.274,97

Agrupación Brión-Rois

Melloras no Castro Lupario e rutas de sendeirismo

15.426,73

Concello das Neves

Sendeiro circular dos pescadores e mellora da accesibilidade nas esculturas de Redondelo

15.728,43

Concello de Quiroga

Plan de adecuación dos recursos interpretativos

17.279,41

Concello de Cartelle

Mellora de accesos e sinalización dos calvarios en Santa Baia

25.045,75

Concello de Arbo

Recuperación da senda de pescadores do río Miño

27.930,88

Concello de Crecente

Mellora de accesibilidade ao recurso turístico parque Cuíña

29.250,00

Concello de Mesía

Acceso ao mirador de Brañas de Valga e mellora de accesibilidade dos recursos turísticos-Visantoña

29.676,97

Concello de Ponteceso

Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos: Hermida, Osmo e ruta PRG 148

34.411,75

Concello de Padrón

Renovación, sinalización turística do concello de Padrón

37.375,00

Concello de Alfoz

Sinalización de recursos turísticos e embelecemento do acceso e contorno do Castelo de Castrodouro

37.750,04

Concello de Riveira

Mellora de accesibilidade desde Portoalto ata o faro de Corrubedo

45.000,00

Concello de Sobrado

Sinalización da ruta do Císter, concello de Sobrado

6.940,64

Concello de Xinzo de Limia

Interpretación das igrexas románicas

11.785,70

Concello de Camariñas

Mellora das infraestruturas turísticas

12.827,66

Concello de Viveiro

Creación dunha zona de aparcadoiro de autocaravanas nas proximidades do polideportivo municipal

15.847,98

Concello de Tui

Ampliación da sinalización do conxunto histórico artístico ou zona monumental de Tui (BIC) e mellora da plataforma de turismo Ibeakem

18.265,24

Concello de Riós

Recuperación de mirador paisaxístico en Fumaces

20.789,38

Concello da Estrada

Sinalización de recursos turísticos

25.903,27

Concello de Porto do Son

Mellora da accesibilidade: aseos adaptados e servizo de socorrismo

26.070,43

Concello de Muxía

Actuacións de sinalización e mellora dos recursos turísticos

29.403,84

Concello de Boiro

Mellora da infraestrutura turística desde a nova ponte do río Coroño ata Ponte Goiáns

45.000,00

Concello de Sarria

Sinalización dunha ruta de sendeirismo e da oficina de información turística do concello de Sarria

3.029,60

Concello de Outeiro de Rei

Sinalización da ruta do Miño

27.633,68

Concello do Vicedo

Creación dun acceso peonil para acceder ás rutas de sendeirismo e sinalización cultural e ambiental

31.450,45

Agrupación Bande-Muíños-Lobios-Lobeira

Plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés

32.498,18

Agrupación Ría Muros-Noia

Sinalización interpretativa dos recursos turísticos da ría de Muros-Noia

32.500,00

Concello da Pobra do Brollón

Mellora da accesibilidade e sinalización da ruta da castaña e do mel

39.454,11

Concello de Rodeiro

Acondicionamento, ampliación da praia, mellora da salubridade e adaptación á normativa de accesibilidade das piscinas municipais

45.000,00

Concello de Cervo

Sinalización de recursos turísticos

7.775,50

Concello de Vilagarcía de Arousa

Colocación de cartelería para posta en valor dos cruceiros de Vilagarcía de Arousa

10.997,24

Concello de Viana do Bolo

Sinalización intelixente do casco histórico de Viana do Bolo

22.490,00

Concello de Rianxo

Actuacións de mellora das infraestruturas turísticas

24.849,47

Concello de Castro de Rei

Reforma de edificación tradicional

27.934,94

Concello de Cangas

Acondicionamento do terreo no Igrexario-O Hío-Cangas

29.650,56

Concello de San Cibrao das Viñas

Acondicionamento da ruta de sendeirismo en San Cibrao das Viñas

39.164,98

Concello de Moraña

Mellora da senda peonil do contorno da capela de Santa Margarida

39.390,51

Concello de Touro

Sinalización e paneis informativos didácticos augas Brandelos, petróglifo Penafurada e hórreo BIC

4.550,00

Concello de Vimianzo

Sinalización accesible dun conxunto de bens culturais

17.696,25

Concello de Montederramo

Mellora de recursos turísticos

19.041,54

Concello de Vedra

Sinalización turística de Vedra 2018

21.079,13

Concello de San Sadurniño

Accesibilidade ao pico de Ferreira e sinalización

25.512,50

Mancomunidade Municipios Arousa Norte

Retirada e instalación de carteis informativos de recursos turísticos

26.151,13

Concello de Beariz

Sinalización turística no concello

29.688,42

Concello de Valga

Dotación e mellora da sinalización fronteiriza do concello

31.374,19

Concello da Cañiza

Sinalización e creación de aparcamento para os recursos turísticos da parroquia das Achas

31.440,40

Concello de Parada de Sil

Dotación de aparcadoiro en Parada do Sil

31.720,00

Concello do Saviñao

Mellora da sinalización turística

33.701,53

Concello de Castrelo de Miño

Posta en valor, mellora da accesibilidade, interpretación e sinalización dos recursos turísticos

34.723,98

Concello de Marín

Actuacións de mellora das infraestruturas turísticas

20.424,77

Concello de Ames

Mellora da accesibilidade e sinalización turística do núcleo histórico da Ponte Maceira

28.765,28

Concello de Folgoso do Courel

Soterramento de liña de alta tensión na contorna do castelo do Carbedo

34.377,53

Concello de Pontedeume

Colocación de paneis informativos

17.259,27

Concello de Baños de Molgas

Sinalización e adecuación do contorno BIC Santa Eufemia

21.337,57

Concello de Santa Comba

Conxunto etnográfico, turístico natural da illa. Parroquia de San Fins de Freixeiro

33.125,23

Concello de Muíños

Mellora de infraestruturas turísticas no concello de Muíños

34.412,16