Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2018 Páx. 43890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica á entidade interesada a Resolución do 26 de xuño de 2018 pola que se resolve o expediente sancionador en materia de xogo número P-7/18.

O día 26 de xuño de 2018 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-7/18.

Persoa imputada: Restaurante Manseo, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa San Antoniño, 65, Pontevedra.

Data da resolución: 26 de xuño de 2018.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 54.2 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.