Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle das parcelas ER-1, ER-2, ER-3, ER-4, ER-5, ER-6, ER-7 e ER-8 no ámbito do SUNP-14. (Tras Paxonal).

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de maio de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle, presentado por Construcciones Ruafer, S.A., con data do 16.2.2018 e formulado polo arquitecto Javier Amenedo, para a reordenación de volumes nos bloques ER-1-2-3-4-5-6-7-8 do SUNP-14 (Tras Paxonal).

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 194 do seu regulamento, o proxecto inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia. Simultaneamente, practicarase citación persoal aos titulares catastrais dos terreos afectados.

Como condición para a apertura do trámite de exposición pública emendaranse as seguintes deficiencias:

– No número 1 (antecedentes) rectificarase a data de aprobación definitiva do Plan de sectorización (30.3.2006) e engadirase a referencia á modificación puntual aprobada o 30.7.2009.

– Incluirase un texto refundido da vixente Ordenanza 1, segundo a modificación puntual aprobada en xullo de 2009, que outorgou unha nova redacción ao número 5 (altura de la edificación) da Ordenanza 1.

– Incorporarase o plano de ordenación PS-7 resultante da citada modificación puntual.

– No número 2.3 incluiranse as normas que resulten das novas condicións de composición e ordenación volumétrica definidas no estudo de detalle, indicando que este non altera a parcelación, aliñacións, superficies edificables e usos definidas polo plan vixente.

Con data do 17 de xullo de 2018, a promotora presentou un documento de cumprimentación do sinalado no acordo de aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-das-parcelas-ER-1-2-3-4-5-6-7-8-no-ambito-do-SUNP-14.-Tras-Paxonal/gl.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28 .6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais