Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43776

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Recursos Humanos e Emprego.

No BOP núm. 175, do día 13 de setembro de 2018, aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a do Servizo de Recursos Humanos e Emprego.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE no lugar e forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 14 de setembro de 2018

Jorge Juan Suárez Fernández
Alcalde