Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de setembro de 2018, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do Acordo de reestruturación parcelaria da zona de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) que, con data 10 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, polo presente acto apróbase o Acordo de concentración parcelaria da zona de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña).

Conforme o establecido no punto 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial desta Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación sustitutiva. Os recursos poderán presentarse na xefatura territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de setembro de 2018

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias