Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 238/2017).

Execución de títulos xudiciais 238/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 1000/2014

Sobre ordinario

Demandante: Silvia Vázquez Cuesta

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandado: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), David Fanego García

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Declaración de insolvencia

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 238/2017, por instancia de Silvia Vázquez Custa, contra a executada David García Fanego, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 10 de setembro de 2018 decreto de insolvencia, no sentido de declarar á executada en situación de insolvencia parcial por importe de 697,73 euros de principal, máis 177,38 euros en concepto de xuros de demora, máis 93,01 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza